Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Día Internacional dos Monumentos e Sitios Históricos 2026 - Museo Arqueolóxico e Histórico de San Antón

O Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón celebra o Día Internacional de Monumentos e Sitios o 18 de abril de 2026 con xornadas de portas abertas e actividades gratuítas no Castelo de San Antón e Castro de Elviña. O programa inclúe visitas guiadas para persoas adultas e un taller infantil nomeado "Os segredos do Castelo", con inscrición previa obrigatoria a partir do 8 de abril.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

18/04/2026

Xa rematou

Inscricións:

Información de interese:

Enderezo:

Castelo de San Antón. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2, Bloque A. 15001 A Coruña

1. VISITAS GUIADAS

Descubre os segredos do Castelo e do Castro de Elviña da man do noso persoal experto.

1. Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón

Un percorrido pola historia e as seccións do museo

  • Horario: 12.00 e 18.00 h
  • Duración: 1 h 30 min
  • Público: adulto
  • Reservas: chamando ao 981 189 850 (de martes a sábado, das 10.00 ás 19.00 h)

2. CASTRO DE ELVIÑA

Viaxa polo tempo cunha visita guiada a este xacemento emblemático

  • Horario: 18.00 h
  • Duración: 1 h 45 min
  • Público: adulto
  • Reservas: chamando ao 981 189 850

3. TALLERES INFANTÍS

"Os segredos do Castelo"

Para celebrar o Día Internacional dos Monumentos e Sitios, convidámoste a participar dun emocionante xogo de pistas e actividades participativas.

Que aprendemos nesta aventura?

A nosa misión ten catro obxectivos fundamentais que guiarán cada proba de xogo.

  1. Viaxar ao pasado: coñeceremos de preto a orixe do Castelo de San Antón e descubriremos como naceu esta antiga fortificación na Illa da Pena Grande
  2. Ser estrategos: descubriremos as características únicas das fortificacións e como estas estruturas defendían a cidade de invasións.
  3. Valorar a nosa historia: espertaremos o interese polo patrimonio cultural e entenderemos a súa importancia como legado da nosa identidade.
  4. Unir forzas: fomentaremos o traballo en equipo e a comunicación, xa que só colaborando se poderán descifrar todas as pistas do percorrido.

Tamén che pode interesar...

  • Cartel

    Viñetas Show

    Cando:

    Os días 10/08/2026, 11/08/2026, 13/08/2026

  • Obradoiro 1

    Talleres de verán no Museo Arqueolóxico Castelo de San Antón e Castro de Elviña

    Cando:

    Os días 11/07/2026, 18/07/2026, 01/08/2026, 08/08/2026, 15/08/2026, 22/08/2026, 29/08/2026

    Inscricións:

    O prazo de inscrición abrirase o mércores 8 de xullo ás 10.00 h e cada actividade terá unha ligazón a través de ticketing para reserva.

  • Festa de letras, de Iria Pinheiro

    "Festa de letras", de Iria Pinheiro

    Cando:

    29/09/2026

    Inscricións:

    Dende o 25/09/2026 ata o 29/09/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

    Pídese puntualidade. 

  • Luli Pampín 2026

    LULI PAMPÍN Millóns de grazas

    Cando:

    28/11/2026

    Entradas á venda o venres 12 de xuño 2026 ás 10.00 h

  • Pica Pica 2026

    PICA PICA presenta NADAL TOTAL

    Cando:

    26/12/2026

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión