Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Día Internacional dos Museos 2019

Actividades Día Internacional dos Museos - sábado 18 de maio de 2019 Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

18/05/2019

Xa rematou

Enderezo:

Castelo de San Antón. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2, Bloque A. 15001 A Coruña

Xornada de portas abertas de 10:00 - 00:00 h

1. Visitas guiadas

Percorrido guiado polo Castelo de Santo Antón e as distintas seccións do Museo Arqueolóxico e Histórico.

Visitas guiadas:

  • Primeira sesión 12:00 h
  • Segunda sesión 17:00 h
  • Terceira sesión 22:00 h

Duración aprox.: 1,25 h

Público: adulto

Prazas: 30

Condicións: o grupo reunirase na entrada do museo 5 minutos antes do inicio da visita, ata completar a capacidade.

2. Talleres familiares de Arqueoloxía:

2.1. Taller de elaboración de fíbulas:

As persoas participantes neste taller descubrirán o uso e evolución das "fíbulas" empregadas como prendedores de vestimenta ao longo da historia ata a aparición dos primeiros botóns. Coñecerán os materiais, modos de fabricación, tipoloxías e o uso destas pezas, que elas mesmas elaborarán, utilizando fío de cobre e un molde.

Hora: 12:00 h

Duración aprox.: 2 h

Público: de 6 a 12 anos

Prazas: 25

2.2. Taller de elaboración dun coitelo neolítico:

Durante a realización deste taller veremos a evolución dos utensilios ao longo da Prehistoria, centrándonos nas diferenzas entre o Paleolítico e o Neolítico. Coñeceremos os diferentes materiais utilizados no Neolítico para a creación de utensilios de corte (sílex, madeira, cola prehistórica, corda de orixe vexetal...) e a continuación, cada participante elaborará, coas técnicas prehistóricas, o seu propio coitelo.

Hora: 17:00 h

Duración aprox.: 2 h

Público: de 6 a 12 anos

Prazas: 25

Inscrición previa por orde de chamada ata completar a capacidade no teléfono do Museo Arqueolóxico: 981 189 850

Apertura de prazo de inscrición: 9 de maio ás 10:00 h

3. Noite dos Museos:

Celebramos tamén a Noite dos Museos con portas abertas ata as 00:00 h.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión