Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Diario dunha pulga con Luís Piedrahita

Dada a situación de alerta sanitaria motivada polo COVID-19 e co fin de protexer a saúde de público, artistas e traballadores/as, o EMHU foi aprazado. A organización conseguiu reprogramarlo do 19 ao 27 de setembro, mantendo practicamente todos os shows anunciados ata o momento. En emhu.es publicaranse todos os horarios.As entradas xa adquiridas serán igualmente válidas para acceder na nova data, sen necesidade de efectuar ningún cambio.Se prefires solicitar a devolución das túas entradas, poderás facelo a partir do próximo xoves 30 de abril ás 10:00 h. Para solicitar o reembolso, debes escribir a imce@gestiontickets.online indicando a dirección de correo electrónico coa que se efectuou a compra e a referencia das túas entradas. O período de devolución estará vixente ata 15 días despois da declaración do fin do estado de alarma.Podes consultar toda a información sobre a Política de Reembolso actualizada en https://emhu.es/politica-de-reembolso-oficial/ Tamén podes consultar calquera cuestión en info@emhu.es ou a través da sección Contacto de emhu.es.​

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

03/05/2020

Xa rematou

Estado do evento:

Cambio de hora o fecha

Horario:

12:30 h

Duración:

50 min

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Prezo: Anticipada: 10€ | 12€ | 14€

Anticipada niñ@s hata 12 anos: 5€ | 7€

Despacho de billetes: 12€ | 14€ | 16 €

Despacho de billetes niñ@s hata 12 anos: 7€ | 9€

Luís Piedrahita cóntanos as aventuras dunha pulga anana de para curta que quere irse a esquiar a Baqueira Beret. Dona Sara Sarcopsila, que así se chama a protagonista desta historia, percorrerá o mundo enteiro saltando de animal en animal, de grupa en chepa e de caparazón en pelame buscando a famosa estación de esquí. Na súa viaxe visitará a alborotada melena dun león, as escandalosas plumas dun galo, o adoitado caparazón dunha tartaruga e moitos animais máis. A cada un deles están dedicadas as páxinas deste diario.

¿Conseguirá Dona Sara chegar ao seu destino? Que máis dá. A viaxe é o que conta: os amigos que atopamos, as cousas que aprendemos, as valores que descubrimos... Cando es unha pulga que viu mundo, non tes dúbidas: a mellor estación de esquí é o pescozo dun cisne.

O entroido dos animais, de Camille Saint-Saëns, vertebrará esta aventura na que se intercalan as vivencias da pulga cos distintos movementos da obra. Desta maneira os máis pequenos gozarán dunha divertida introdución que os preparará para escoitar a peza. Música, humor e pulgas. Unha obra para todos os públicos na que grandes e pequenos gozan da grandiosidade da música clásica e a pequeñez dos sifonápteros.

O ENTROIDO DOS ANIMAIS DE CAMILLE SAINT-SAËNS

O entroido dos animais é unha suite musical en 14 movementos composta por Camille Saint-Saëns (Francia, 1835-1921). O compositor planeou a obra como unha broma para o día de Entroido. Nesta suite aparecen: leóns, galiñas, tartarugas, canguros, homenaxes a algúns músicos da época e varios animais máis. Ata a morte do compositor, O entroido dos animais non foi interpretado máis que en reducidos grupos escollidos xa que Saint-Saëns considerábaa unha obra menor. Con todo, actualmente, esta suite é unha das favoritas para os profesores de música que atopan na súa divertida partitura unha entrada perfecta para os nenos no marabilloso mundo da arte musical.

Estará interpretada pola Orquestra Infantil da Orquestra Sinfónica de Galicia.

VENDA DE ENTRADAS

Despacho de billetes Pza. Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes Teatro Colón: dia da función desde 1 h antes (unicamente se quedan entradas dispoñibles)

www.eventbrite.es

Tamén che pode interesar...

  • Cantamos con Rosalía de Castro

    Cando:

    05/05/2024

  • 19.ª edición: Durme no Fórum

    Cando:

    Dende o 04/05/2024 ata o 05/05/2024

    Inscricións:

    Calendario e proceso de inscrición:

    Preinscrición: a partir do xoves 4 de abril ás 9.00 ata o venres 5 de abril ás 20.00 h. Cubrindo este formulario.

    * Dentro do formulario poderanse inscribir ata 4 aventureir@s que participarán co mesmo número de sorteo.

    ** Os irmáns ou irmás deben ir no mesmo formulario ou do contrario entrarán a sorteo con outro número diferente e polo tanto independente.

    Publicación de listaxes: o martes 9 de abril ás 10.00 h.

    Nesta listaxe figurará o número de sorteo asignado por rigorosa orde, así como o DNI dos/das proxenitores/as dos/as aventureir@s prescritos.

    Sorteo: mércores 10 de abril no Fórum ás 10.00 h.

    Publicación das listaxes de prazas adxudicadas: venres 12 de abril ás 10.00 h.

    Ao longo da mañá do 12 de abril mandaremos o correo de confirmación da praza.

  • Merendas con contos: Cueiros de cores

    Cando:

    07/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 30/04/2024 ata o 07/05/2024

    Require inscrición

  • "Son animal", de Paco Nogueiras

    Cando:

    07/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

  • Merendas con contos: Cueiros de cores

    Cando:

    08/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 02/05/2024 ata o 08/05/2024

    Require inscrición.

  • Merendas con contos: Cueiros de cores

    Cando:

    09/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 02/05/2024 ata o 09/05/2024

    Require inscrición

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión