14 e 15 de xuño de 2025 - Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón e Castro de Elviña
Para público en xeral
Dende o 14/06/2025 ata o 15/06/2025
As actividades son gratuítas e requiren inscrición previa.
Apertura do prazo de inscrición: mércores 4 de xuño ás 10.00 h
Castelo de San Antón. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2, Bloque A. 15001 A Coruña
PROGRAMA
1. Visitas guiadas
1.1. Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón
Percorrido polo Castelo de San Antón e as distintas seccións do Museo Arqueolóxico e Histórico
- Sábado: 12.00 e 18.00 h
- Domingo: 12.00 h
- Duración aprox.: 1 h e 15 min
- Público: adulto
- Prazas: 25
- Con reserva previa ata completar a capacidade a través do teléfono 981 189 850
1.2. Castro de Elviña
Visitas guiadas ao Castro de Elviña, nas que percorreremos o xacemento e coñeceremos o proceso de escavación e os avances das últimas campañas arqueolóxicas.
- Sábado e domingo: 12.00 h
- Duración aprox.: 1 h e 30 min
- Público: adulto
- Prazas: 25
- Con reserva previa ata completar a capacidade a través do teléfono 981 189 850
2. Talleres infantís de arqueoloxía
2.1. Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón:
Sábado 14 : "COAS MANS NO BARRO"
A cerámica é, sen dúdida, un dos grandes avances da Prehistoria. Achegarémonos ás súas orixes para descubrir os diferentes usos e tamén a evolución das técnicas de produción. Por último, observaremos os restos conservados na exposición do Museo, para falar da decoración e das formas empregadas como referencia para crear o noso pote castrexo.
Domingo 15: "ROCK ART"
Que é un petróglifo? Que representan? De que época son? Aprenderemos todo sobre eles a través dos exemplos que podemos ver no museo, e coñeceremos algún método tradicional para a súa reprodución. Despois faremos unha copia grupal dun dos petróglifos que forman parte da exposición, e cada un traballará na creación do seu propio petróglifo.
- Hora: 11.45 h
- Duración aprox.: 1 h e 30 min
- Público: de 6 a 12 anos
- Prazas: 20
- Gratuítos con reserva previa nas seguintes ligazóns:
Sábado 14 (Coas mans no barro): https://ticketing.coruna.gal/arq/barro/
Domingo 15 (Rock Art): https://ticketing.coruna.gal/arq/RockArt/
2.2. Castro de Elviña:
Sábado 14: "ARQUEOLOXÍA EN ACCIÓN!"
A través dunha escavación simulada as nenas e os nenos poderanse achegar ao traballo das persoas arqueólogas. Descubrirán obxectos vinculados ao xacemento de Elviña e coñecerán as formas de vida das e dos habitantes do castro. Ademais, faremos un pequeno percorrido polo xacemento para descubrir as estruturas que foron quedando á vista tras as diferentes campañas de escavación.
Domingo 15: "RASTREANDO ELVIÑA"
Como sabe o persoal arqueólogo onde ten que escavar? Como delimitan o espazo? Que ferramentas empregan? Un percorrido dinámico polo castro de Elviña permitiralle ao grupo achegarse ao labor das persoas arqueólogas, coñecer os traballos previos de prospección e preparación do terreo e tamén os traballos de gabinete que permiten descubrir as historias dos obxectos e das estruturas. Durante o camiño terán que ir completando unha serie de probas grupais para descubrir os segredos que se esconden en Elviña.
- Hora: 17.00 h
- Duración aprox.: 1 h e 30 min
- Público: de 6 a 12 anos
- Prazas: 20
- Gratuíto con reserva previa nas seguintes ligazóns:
Sábado 14 (Arqueoloxía en acción!): https://ticketing.coruna.gal/arq/arqueo25/
Domingo 15 (Rastreando Elviña): https://ticketing.coruna.gal/arq/rastrexando25/
3. Talleres de experimentación para persoas adultas no castro de Elviña
Sábado 14: "ARQUEOLOXÍA DE CAMPO"
Durante a actividade abordaremos todas aquelas tarefas que realizan os equipos de arqueoloxía para coñecer en detalle as actividades previas e posteriores ás escavacións. A través dun percorrido práctico e participativo descubriremos como se realiza unha prospección, o porqué e as catas, a importancia do debuxo arqueolóxico, que son as unidades estratigráficas, como se clasifican e rexistran os materiais... unha multitude de tarefas que nos achegarán ao labor arqueolóxico.
- Hora: 19.00 h
- Duración aprox.: 1 h e 30 min
- Público: adulto
- Prazas: 20
- Gratuíto con reserva previa na seguinte ligazón: https://ticketing.coruna.gal/arq/arqadultos/
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible