Conversas co alcalde e o goberno municipal
Para público en xeral
01/07/2017
Xa rematou
Ás 12.00 h
Centro Cívico Feáns. Camiño de campos 4, Bajo. 15190 A Coruña
O programa Dillo ti garante un espazo de comunicación directo entre o alcalde, o equipo de goberno e a veciñanza.
Estes encontros que teñen lugar, normalmente, o último sábado de cada mes ás 12:00 h da mañá nun barrio da cidade permítenlle ao goberno municipal tomar o pulso da cidade de xeito estable e permanente.
A través deste espazo a cidadanía da Coruña pode achegarse aos centros cívicos para conversar libremente sobre calquera tema, proposta, idea, problema ou demanda sobre o barrio pero tamén sobre a cidade.
Estos encontros contan cun servizo de conciliación para facilitar a participación das persoas que teñen menores ao seu cargo e conta tamén cun servizo de intérpretes de linguaxe de signos para persoas xordas.
Ademáis contan cun servizo de mediación entre o goberno e a cidadanía para facilitar as quendas de palabra, os tempos e a diversidade na participación.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible