Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción
  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Docs do mes: "Marwa, pequena e valente", de Dina Naser

A pequena Marwa vive nun campo de refuxiados desde que fuxiu coa súa familia a Siria.

Cando:

06/10/2020

Horario:

20.00 h

* Pídese puntualidade. Unha vez que comece a proxección non se permite acceder á sala.

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada: 2,50 euros e 2,00 euros (para maiores de 65 anos, persoas desempregadas e carné xove)

** Para prezos reducidos, sen o documento que acredite o desconto, non se permitirá o acceso á sala.

Requisitos:

Será de OBRIGADO cumprimento:

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).

• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.

• O uso da butaca asignada polo persoal de sala. Non se permite o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.

• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.

• Respectar a sinalización.

• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.

RECOMÉNDASE:

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

• Actuar con responsabilidade.

Organizador:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

A atenta mirada de Dina Naser segue a vida cotiá de Marwa, un espírito alegre e aberto que non entende de muros nin de barrotes.

O paso da nenez á vida adulta levaraa a afrontar novos retos para sobrevivir nunha contorna onde, a pesar de todo, a vida continúa.

De: Dina Naser

Xordania, Qatar, Francia e Líbano

Ano: 2019

85 min

VO en árabe, subtitulada en castelán

Venda de entradas

Despacho de billetes da Pza. de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Ágora: día de proxección desde unha hora antes (só se quedan localidades)

Venda telefónica: 662 867 109

Para mercar localidades en liña pique aquí

Tamén pode interesarche...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión