A sede de Afundación na Coruña acollerá o vindeiro mércores, 16 de decembro,a proxección do documental "Black Man White Skin", unha historia de denuncia sobre o drama que viven os negros albinos en África.
Para público en xeral
16/12/2015
Xa rematou
Na proxección estará presente o director do documental, José Manuel Colón Armario, e unha das voluntarias que aparece na produción, a ourensá Mafalda Soto.
Black Man White Skin é unha película documental de 78 minutos de duración que reflicte a situación á que se enfrontan millóns de albinos en África, vítimas do cancro de pel pero, sobre todo, perseguidos, asasinados e mutilados polas mafias. Ante a falta de melanina, as mulleres e homes albinos que viven en África padecen devastadores cancros de pel, que acaban coas súas vidas entre os 25 e os 30 anos, pola falta de recursos que lles permitan protexerse do sol, a incomprensión e o feito de vivir nunha das zonas máis calorosas do planeta. Ao perigo que supón para elas e eles a súa delicada pel, súmase unha ameaza maior, a das crenzas dos falsos feiticeiros que lle atribúen aos negros albinos poderes curatorios que lles converten en vítimas da persecución e o xenocidio: «as mafias trafican cos seus corpos –denuncia o documental– e mátanos, unha terrible realidade que naceu en Tanzania e que se estendeu por toda a África subsahariana.»

15/12/2025
Acceso libre até completar a capacidade
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible