Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros organiza a proxección da documental Xustiza para Diego.
O 8 de xaneiro de 2020, a Policía Nacional de Filipinas monta unha falsa operación antidroga na que resulta morto o novo empresario galego, Diego Belo, baixo a acusación de ser o maior narcotraficante da illa de Siargao. A familia, ao coñecer as acusacións, inicia a súa mobilización e denuncia os feitos. Desde a súa chegada á illa en 2017, Diego conseguira levantar a base de esforzo e traballo un par de negocios que funcionaban con bastante éxito: unha tenda de roupa e material de surf, e un club-restaurante. A desbordante personalidade de Diego e o seu carácter de mozo emprendedor europeo, lle granjeó moitas amizades, pero tamén espertou os receos e envexa dalgúns poderosos personaxes locais. Co impulso da familia, a inmediata intervención da Comisión de DD.HH. de Filipinas e un informe da policía Xudicial filipina (NBI) conseguen dar a volta ao caso e poñer en cuestión a versión da policía filipina.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible