Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Dous gaiteiros do mar de Xurxo Souto

Unha cinta que recupera a memoria dos mariñeiros-gaiteiros que se embarcaron nos anos sesenta e setenta con destino ao Gran Sol, a Terranova, a Namibia. A eses e outros moitos lugares levaron a nosa música.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

04/06/2018

Xa rematou

Horario:

- 19:30 h

* Pídese puntualidade, unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala.

Duración:

55 min

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Libre ata completar a capacidade da sala.

Organiza:

Asociación de veciños Oza-Gaiteira Os Castros

Contacto:

981 184 293

"Tocaron a gaita en Terranova, en Namibia, no mar do Carburo; fixeron música mestiza e cosmopolita antes de que existisen esas palabras"

Así resume Xurxo Souto a historia de "Dous gaiteiros do mar", o documental producido por Borneira Audiovisual. Nesta cinta recupérase o relato dos gaiteiros-mariñeiros que nos anos sesenta e setenta embarcaron cara ao Gran Sol. As voces que recolle o documental pertencen a Manuel Sotelo (Manoliño De Donón) e Lito de Pinténs. A súa historia é a historia da música tradicional lonxe da terra, das gaitas máis aló da terra firme, ao outro lado do noso horizonte.

Eles son os gaiteiros do mar deste documental que, segundo Souto, servirá para provocar o "descubrimento dun mundo" que descoñecemos na Galicia. "Hai gaiteiros do mar que non coñecemos, dos que non sabemos nada. Ben seguro que despois deste documental, descubriremos moitos máis", sinala Xurxo Souto.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión