Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

«Durmindo con tiburóns» maio e xuño de 2026

Actividade para nenos e nenas de 10 e 12 anos na que realizarán talleres sobre a bioloxía das quenllas e durmirán na Sala Nautilus

A quen vai dirixido?:

Nenos e nenas nacidos entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 31 de decembro de 2015

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 29/05/2026, 19/06/2026, 26/06/2026

Inscricións:

A preinscrición ábrese o 4 de maio ás 9.00 horas neste formulario en liña

Horario:

Desde as 20.00 horas do venres ata as 11.00 horas do sábado

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Número de prazas:

20 prazas por sesión

Prezo:

45 euros

20 euros para os nenos e nenas membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias

AQUÍ, o formulario de preinscrición que abre o 4 de maio ás 9.00 horas

Requisitos:

  • Admitiranse nenos e nenas nacidos entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 31 de decembro de 2015 (será necesario acreditalo documentalmente).
  • Hai que aboar mediante transferencia bancaria os 45 € do prezo da actividade á Asociación de Amigos da Casa das Ciencias (20 € para os nenos e nenas membros da AA.CC.).
  • Deberanse cubrir e asinar (pais/nais ou titores/as) os documentos que sexan requiridos pola organización.
  • Cada participante empregará o seu saco de durmir, esteira e neceser para o aseo persoal.
  • Cea e almorzo: cada participante deberá levar a súa comida e utensilios.

Organiza:

Asociación de Amigos da Casa das Ciencias en colaboración con Museos Científicos Coruñeses

A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias organiza en colaboración co Aquarium Finisterrae unha actividade para nenos e nenas de 10 e 12 anos na que realizarán talleres sobre a bioloxía dos tiburóns ou quenllas (identificación, reprodución, alimentación etc.) e durmirán na Sala Nautilus rodeados de peixes e quenllas.

Convocaranse tres sesións para os meses de maio e xuño, dirixidas a nenos e nenas nacidos entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 31 de decembro de 2015, cun máximo de 20 prazas por sesión, e desenvolveranse nun horario que se estende desde as 20.00 horas dun venres ata as 11.00 horas do sábado seguinte.

A preinscrición para as tres sesións, que serán o 29 de maio e o 19 e 26 de xuño, abrirase en liña ás 9.00 horas do 4 de maio neste formulario. Terán preferencia os nenos e nenas que non acudisen á actividade con anterioridade.

Cada participante empregará o seu saco de durmir, esteira e neceser para o aseo persoal, e deberá levar a súa propia comida e utensilios.

Programa de actividades en cada sesión

Venres

  • 20.00 horas. Chegada e recepción no Aquarium Finisterrae.
  • 20.30 a 22.00 horas. Taller sobre bioloxía dos tiburóns. Itinerario para identificar as especies do acuario, comezando no módulo de incubación de ovos destes peixes. Empezamos o taller de manualidade para facer un dente de quenlla.
  • 22.00-22.30 h. Cea.
  • 22.30 h. Alimentación de melgachos e patarroxas na sala de corentena.
  • 23.30 h. Retirada para durmir na Sala Nautilus.

Sábado

  • 09.00-10.00 h. Diana, aseo, almorzo.
  • 10.00-11.00 h. Rematamos o taller facendo un dente de quenlla.
  • 11.00 h. Recollida das persoas participantes.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión