Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

El Consorcio, xira de despedida

El Consorcio, como antes Mocidades, é o grupo vocal por excelencia do noso país e as súas cancións permanecen, agora renovadas

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

10/06/2016

Xa rematou

Horario:

20.30 horas

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Para presentar a El Consorcio é inevitable remitirse a Mocedades, xa que todos os seus integrantes pertenceron a ese grupo, a única formación hispana que vendeu un millón de copias dun sinxelo cantado integramente en castelán. Xoias como ‘Tómame o déjame‘, ‘El vendedor', ‘La otra España‘, ‘Qué pasará mañana‘, ‘Secretaria‘, ‘Quien te cantará‘, ‘Desde que tú te fuiste‘, ‘Amor de hombre‘, ‘Dónde estás corazón‘, ‘Le llamaban loca‘ e moitas máis, marcan a súa extensa e intensa traxectoria con catro décadas de historia da música española.

Unha historia que comezou alá a finais dos anos 60, cando oito mozos estudantes de Bilbao apaixonados da música folk reuníronse para dar renda solta á súa vocación musical. Nacera Mocedades, un dos grupos máis emblemáticos e fundamentais da música española do último medio século, que ten a súa continuación en El Consorcio, grupo formado por Amaya Uranga, Estíbaliz Uranga, Iñaki Uranga, e Carlos Zubiaga, todos ex-Mocedades.

O tempo pasa, pero o que queda son as súas magníficas voces, cun empaste e unha calidade sen igual, postas ao servizo dunhas cancións imperecedoiras, moitas feitas á medida para crear un corpo único.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión