Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

O documental do mes: "Adiós, queridos haters", de Hanka Nobis

Antek é un mozo polaco que creceu nunha familia relixiosa e de extrema dereita. Todo cambia cando se namora e empeza a dubidar da relixión e a homofobia.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

13/11/2023

Xa rematou

Horario:

20.00 h

* Pídese puntualidade. Unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala aínda que se teña entrada.

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

2,50 € (descontos: Carné Xove +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €)

* Para acceder aos descontos, é imprescindible mostrar o documento que acredite ser beneficiario del.

Organiza:

IMCE

Contacto:

agora@coruna.gal

Antek é un mozo polaco de vinte anos que creceu nunha familia relixiosa e de extrema dereita. Ademais, pertence a un grupo formado soamente por mozos que se chama The Brotherhood, con quen comparte o catolicismo, o nacionalismo, a homofobia e o celibato como única forma de vivir posible.

Todo cambia cando Antek coñece unha moza e se namora. De súpeto, Antek empeza a dubidar dos preceptos da relixión, a política e a ideoloxía que lle inculcaron desde a infancia.

Aos poucos, Antek empeza a romper as normas impostas e cuestiónase a prohibición do sexo prematrimonial ou a existencia de Deus mentres descobre un novo respecto cara á comunidade LGTBIQ+. A medida que o seu mundo interior se vai afundindo, Antek dáse conta de que viviu atrapado nunha concepción enfermiza da masculinidade.

2022

83 min

Suíza e Polonia

Estoniano

Subtítulos: castelán e inglés

VENDA DE ENTRADAS:

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes central da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
  • Despacho de billetes do Centro Ágora: desde unha hora antes do comezo da proxección (sempre que queden localidades dispoñibles).

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión