Exposición de Médicos sin fronteras
Para público en xeral
Dende o 27/11/2018 ata o 01/12/2018
Xa rematou
De martes a sábado: de 10 a 14 e de 16:30 a 20:30 h
de balde
Médicos sin Fronteras
O vindeiro martes 27 de novembro inauguramos na Coruña 'O éxodo rohingya', unha exposición sobre o maior campo de refuxiados do mundo e no que viven os rohingyas, unha das poboacións máis esquecidas da actualidade.
Vítimas de décadas de persecución en Myanmar, en agosto de 2017 foron o obxectivo dunha violenta operación militar por parte das forzas de seguridade birmanas, o que causou o maior éxodo na historia desta comunidade.
Na súa desesperada fuxida a Bangladesh, emprenderon co posto un camiño cheo de obstáculos, violencia e destrución.
Agora, máis de 700.000 refuxiados rohingyas malviven amoreados en precarios asentamentos feitos de canas de bambú e plástico no distrito bangladeshí de Cox's Bazar.
Porque detrás deste número escóndense persoas e historias que non merecen quedar no esquecemento, 'O éxodo rohingya' busca achegarte o día a día dos rohingyas e explicarche a súa dura situación. Para iso, contaremos con fotografías, testemuñas e un vídeo 360º para unha experiencia de inmersión total.
VISITAS GUIADAS:
Pode ser un gran experiencia, achegarse á realidade desta minoría étnica, coñecer máis sobre eles, empatizar, poñerse na súa pel e desde aí axudarnos a difundir a súa situación.
Por iso, queremos ofrecer a posibilidade de visitar a mostra en grupo. Organizar unha visita guiada con persoal de Médicos sin Fronteras que axude a profundizar no contido da mostra e a resolver as posibles dúbidas que xurdan.
A duración aproximada da visita será dunha 1 hora. Consideramos que o número máximo de participantes non debe exceder as 30 personas (en cada turno) para o correcto desenlace da visita.
Se estás interesado/a en organizar unha visita guiada podes escribir un email a msf-santiago@barcelona.msf.org ou chamar ao 981 58 7091 indicando:
Día e hora
Número de persoas e características (idade, de que asignatura son,..)
Persoa de contacto: nome, email e teléfono.

Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026

Dende o 05/11/2025 ata o 10/01/2026

Dende o 03/12/2025 ata o 28/02/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible