Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

El Gran Braulio

Braulio é un personaxe descoidado e con ganas de facer rir e gozar a todo tipo de públicos, nun espectáculo que combina maxia, humor, clown e malabares.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

11/09/2021

Xa rematou

Estado do evento:

Entradas esgotadas

Horario:

19.00 h

Duración:

60 minutos

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entrada: 5,00 €

Abono 3 (3 entradas para a mesma función): 12,00 €

Menores de 3 anos: 2,00 €

**Todas as persoas que accedan ao auditorio no que terá lugar a función deben facelo con entrada.

Televenda:

Corunacultura.sacatuentrada

Requisitos:

- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

  • Usar máscara de forma obrigatoria.
  • Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.
  • Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera etc.
  • Aplicación de solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada.

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forum@coruna.es

Braulio é o mellor mago do mundo, ou polo menos iso é o que o cre, mais... quen somos nós para descubrirlle a verdade? Así é moito máis divertido, e se soubese o ridículo que fai, non se comportaría tal e como é... Un mago torpe e tan despistado que non é consciente de que os seus trucos pasan de pura casualidade.

Agora este excéntrico personaxe chega á nosa cidade para amosar o seu "xenial" espectáculo, pero... terá tanta sorte desta vez? Ven descubrilo!

Espectáculo dirixido a público a partir de 4 anos.

Espectáculo en lingua española.

Premios

* Premio Mundial FISM Flasoma de Maxia Cómica (Arxentina, 2017)

* Campionato Nacional de Maxia. Categoría Maxia Cómica (España, 2016)

* Campionato do Mundo de Maxia "Master of Magic" (Italia, 2014)

* Campionato Mundial de Maxia de Rúa (Alemaña, 2010)

* Premio ao Mellor Espectáculo no Festival Internacional de Clown (España, 2010)

Venda de entradas

Despacho de billetes da pza. de Ourense: de luns a xoves (excepto festivos) de 10.00 a 14.00 e de 15.00 a 18.00 h / Venres de 10.00 a 15.00 h.

Despacho de billetes do Fórum: días de función desde unha hora antes (só se quedan localidades)

Venda telefónica: 662 867 109

Venda en liña: corunacultura.sacatuentrada.es

Tamén che pode interesar...

  • Falando a Boca Chea: contacontos con Pablo Díaz

    Cando:

    19/04/2024

    Inscricións:

    Dende o 12/04/2024 ata o 19/05/2023

    Require inscrición

  • "Os contos do chupete", de Migallas

    Cando:

    23/04/2024

    Inscricións:

    Dende o 19/04/2024 ata o 23/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

  • "Son animal", de Paco Nogueiras

    Cando:

    07/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

  • "Un conto ao revés", de Chuches Amil

    Cando:

    14/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 10/05/2024 ata o 14/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

  • "Carapuchiña Vermella e os cinco lobiños", de Ángeles Goás

    Cando:

    21/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 17/05/2024 ata o 21/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

  • "Foliada con Apego", de Pablo Díaz e Olga Kirk

    Cando:

    28/05/2024

    Inscricións:

    Dende o 24/05/2024 ata o 28/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión