Sobre Poemas de Abraham Gracera Presenta Estíbaliz Espinosa
Para público en general
05/05/2018
Ya ha finalizado
21.00 h
Entrada libre hasta completar capacidad
O Festival RESIS de Música Contemporánea inaugura a súa proposta de concertos espectaculares en espazos emblemáticos da nosa cidade con esta orixinal aposta: híbrida de poemas e música, nunha das igrexas máis peculiares e enxebres da Cidade Vella coruñesa.A Igrexa de Santiago.
Un espazo arquitectónico onde o tempo fica en suspenso, onde trazas e sombras dos últimos 800 anos terán que verse con texto e partitura do século XXI.
En El tiempo menos solo (Pretextos, 2012), o poeta madrileño Abraham Gragera manexa claves e tempi clásicos e recíclaos nunha realidade contemporánea; establece conexións ou constelacións co tempo, o tempo e a súa medida. Humana e natural. O tempo, as súas soidades e a súa palabra para traducir o intraducible.
Ao outro lado da partitura, o compositor novo Hugo Gómez-Chao loita contra a alegoría musical. A música é música, armazón de son, crepitación, eco: un universo lingüístico en si mesmo que, malia servirse en ocasións de palabras doutras obras ou contextos, acaba mutándoas
sen remedio.
Actividades relacionadas

20/12/2025

20/12/2025

26/12/2025

Desde el 18/12/2025 hasta el 06/01/2026

23/01/2026

24/01/2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible