Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

"El tiempo menos solo"

Sobre poemas de Abraham Gracera. Presenta Estíbaliz Espinosa

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

05/05/2018

Xa rematou

Horario:

21.00 h

Enderezo:

Igrexa de Santiago. Rúa Parrote 1. 15001 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar a capacidade

O Festival RESIS de Música Contemporánea inaugura a súa proposta de concertos espectaculares en espazos emblemáticos da nosa cidade con esta orixinal aposta: híbrida de poemas e música, nunha das igrexas máis peculiares e enxebres da Cidade Vella coruñesa: a Igrexa de Santiago.

Un espazo arquitectónico onde o tempo fica en suspenso, onde trazas e sombras dos últimos 800 anos terán que verse con texto e partitura do século XXI.

En "El tiempo menos solo" (Pretextos, 2012), o poeta madrileño Abraham Gragera manexa claves e tempi clásicos e recíclaos nunha realidade contemporánea; establece conexións ou constelacións co tempo, o tempo e a súa medida. Humana e natural. O tempo, as súas soidades e a súa palabra para traducir o intraducible.

Ao outro lado da partitura, o novo compositor Hugo Gómez-Chao loita contra a alegoría musical. A música é música, armazón de son, crepitación, eco: un universo lingüístico en si mesmo que, malia servirse en ocasións de palabras doutras obras ou contextos, acaba mutándoas sen remedio.

Actividades relacionadas

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión