Elaboración dun Manifesto pola igualdade con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller
Toda a poboación
Para público en xeral
Dende o 18/02/2019 ata o 28/02/2019
Xa rematou
Centro Cívico Labañou. Rúa Colombia s/n, Bajo. 15011 A Coruña
Centro Cívico Labañou
Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, o C.C. Labañou convídate a participar na elaboración dun manifesto pola igualdade, a través de frases cuxo contido verse sobre facilitar a igualdade entre mulleres e homes.
Trátase de poñer en valor e visibilizar o papel das mulleres e identificar os retos que como sociedade temos para alcanzar a igualdade.
Co conxunto de todas as frases recibidas elaboraremos o manifesto, que quedará exposto no centro cívico do 7 ao 31 de marzo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible