DRAGONES Y CHUPACABRAS, UNA AVENTURA BILINGÜE é o espectáculo que o prestixioso autor estadounidense Adam Rubin preparou para o EMHU.
+ 6 anos
* Espectáculo en castelán e inglés.
Para público en xeral
19/05/2019
Xa rematou
12.00 h (Pídese puntualidade. Unha vez comenzado o espectáculo non se permite o acceso á sala)
50 min
Entradas: 12,00 € (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas, -20%) (Familia numerosa, -25% (só no despacho de billetes)) (Bono Chiquijamming + Dragones y Chupacabras - 15,00 € (desconto válido en compras por teléfono e no despacho de billetes))
(Todos los que accedan al recinto en el que tedrá lugar el espetáculo deben hacerlo con entrada)
(Se vostede merca entradas con desconto a través de tfno. ou web, debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo)
Un excelente show de contacontos bilingüe (castelán-inglés) baseado nos seus libros e pensado para nenos. Nesta ocasión Adam presentará dúas dos seus grandes éxitos, O Chupacabras e Dragon´ s Love Tacos. Dúas historias cheas de humor, aventuras, tenruras e encantadores monstros famentos. Durante o espectáculo os nenos escoitan, participan e aprenden novas palabras de mans dun escritor nativo. E ao final do espectáculo ábrese unha quenda de preguntas e respostas onde os nenos poden aclarar as súas dúbidas acerca das historias escoitadas e das palabras aprendidas.
Adam Rubin ( Stamford, Connecticut, 1983) é un prestixioso autor con máis de dez títulos publicados e un millón de exemplares vendidos. Os seus libros permaneceron na lista de best sellers de The New York Times durante máis de 250 semanas e o seu último título, O Chupacabras, foi nomeado ao Blue Bonnet, considerado como un dos premios literarios máis prestixioso de Estados Unidos. A peculiaridade deste último libro radica en que está escrito en dous idiomas á vez: inglés e castelán. Dada a situación política actual en Estados Unidos, Rubin sente que promover a educación bilingüe para nenos é máis importante que nunca. Por iso viaxa visitando escolas e teatros de todo o mundo presentando e compartindo os seus libros cos máis pequenos. Actualmente está a mellorar a súa escritura en español e investigando outros proxectos para promover a aceptación multicultural en Estados Unidos.
VENDA DE ENTRADAS
Despacho central de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Colón: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)
Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 e domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

16/12/2025
Dende o 09/12/2025 ata o 16/12/2025

16/12/2025
Dende o 09/12/2025 ata o 16/12/2025
Require inscrición

17/12/2025
Dende o 10/12/2025 ata o 17/12/2025

18/12/2025
Sesión cancelada por peche da biblioteca.

19/12/2025
Non precisa inscrición. Acceso libre ata completar aforo.

20/12/2025
Entradas á venda o 17 de xullo de 2025 desde as 12.00 h
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible