Por mor da publicación da novela A Tribuna e o volume A Cuestión Palpitante a polémica e o escándalo esténdese cada véz máis nos círculos conservadores. Ante a insistencia do seu marido Pepe Quiroga a que se retracte, Emilia Pardo Bazán, apoiada pola súa familia e especialmente polo seu pai, decide poner fin ao seu matrimonio para adicar a súa vida á literatura.
Para público en xeral
03/11/2021
Xa rematou
19:00 h
De balde ata completar aforo.
Tras unha estancia en Paris onde mantén unha importante actividade literaria, múdase a Madrid. Aquí entra en contacto cos literatos mais destacados da época. Publica Os pazos de Ulloa e a súa continuación A Nai Natureza. A pesar do grande éxito que acadaron, estas magnificas novelas foron mal vistas por certo sector da sociedade ao tratarse de obras naturalistas e por estar escritas por unha muller. En Madrid tenta ingresar na Real Academia Española, pero a maioria dos académicos está en contra de que unha muller ocupe calquera das súas 36 cadeiras. Ao longo destes anos coñece a Benito Pérez Galdós, co que manten unha relación amorosa moi comentada na época. A pesar de infidelidades mutuas, ambos conservaran un agarimo especial durante máis de vinte anos. Tras varios intentos de ingreso e convencida de que nunca poderá pertencer á Real Academia Galega, segue facendo presión para que outras escritoras o consigan e propón a Concepción Arenal en varias ocasións. Aínda que non é capaz de lograr o seu obxectivo, a súa forza e a súa incesante actividade académica non cesa: viaxa, imparte conferencias, polemiza, escribe artigos, novelas, contos. Un destes últimos, O Encaixe Roto, é o primeiro conto considerado netamente feminista na literatura española do século XIX. Grazas ao recoñecemento da sociedade madrileña e a súa inigualable actividade literaria, consegue ser socia do Ateneo de Madríd e pouco tempo despois, e nomeada Presidenta da Sección de Literatura de tan ilustre institución. Ocupou o cargo de Conselleira de Instrucción Pública baixo o gobernó de Romanones e xa en 1916 cumpre un dos seus maiores desexos: ser nomeada catedrática de Literaturas Neolatinas na Universidade Central, Cargo que abandona debido ao escaso interese por parte do alumnado, xa que só un estudante se atreveu a asistir ás clases impartidas por unha muller. Decepcionada pola incomprensión, dimite do seu posto ao pouco tempo e fina cinco anos despois en Madrid. Malia tantas dificultades, Emilia Pardo Bazán nunca perdeu a súa vitalidade e denunciou a desigualdade educativa entre o home e a muller do seu tempo, acadando grandes logros para a poboación feminina. Xunto con clarín e Galdós forma parte da tríada máis selecta da novela española do seculo XIX.
Os días 02/05/2024, 03/05/2024, 04/05/2024
Os días 03/05/2024, 04/05/2024
06/05/2024
Os días 09/05/2024, 10/05/2024, 11/05/2024
Os días 09/05/2024, 10/05/2024, 11/05/2024
Os días 16/05/2024, 17/05/2024, 18/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible