Georges Méliès e o cinema de 1900
Para público en xeral
Dende o 11/11/2016 ata o 16/12/2016
Xa rematou
Horario: De luns a venres, de 12.30 a 14 h e de 17 a 21 h Sábados, domingos e festivos, de 11 a 14 h e de 17 a 21 h
Xardíns de Méndez Núñez. Xardíns de Méndez Núñez s/n. 15006 A Coruña
Unha viaxe no tempo, xustamente aos anos en que o cinema se converteu nun espectáculo popular.
Pretende trasladar o visitante a unha feira do ano 1900, coas súas barracas e o seu ambiente de festa. Foi nesa contorna onde o cinema tomou forma como espectáculo: con diversión e moitas emocións. E, en gran medida, iso foi grazas a un home, Georges Méliès, que soubo entender que quería a xente e como facela soñar e distraerse. As súas películas marcaron o camiño que seguiron os primeiros cineastas en Europa e Estados Unidos.
Os diferentes espazos e recursos expositivos descubrirannos como era o mundo e o lecer en 1900, así como as claves para entender a importancia de Georges Méliès.
Fotografías, carteis, as películas do cineasta e audiovisuais. Este proxecto realizarase nun novo formato despregable no que a Fundación Bancaria "La Caixa" empezou a traballar xa hai uns anos. Trátase de dúas unidades desmontables que, unha vez instaladas, permiten dispoñer dun espazo expositivo de 200 m2.
+ información: https://www.educaixa.com/-/edu-empieza-el-espectaculo

Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026

Dende o 05/11/2025 ata o 10/01/2026

Dende o 03/12/2025 ata o 28/02/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible