Concha Piquer desexa desde hai tempo coñecer a Federico García Lorca. Non en balde el é o poeta máis solicitado do momento e ela a máis famosa cantante de España. Ese encontro debe producirse.
Para público en xeral
18/02/2022
Xa rematou
- Hora: 20.30 h
- Hora de apertura de portas: 30 min antes da función
Platea |
25,00 € |
Palco Real / Palco Central / Palco Lateral |
20,00 € |
Principal |
15,00 € |
1.ª fila principal (VR) / Mobilidade reducida (MR) |
13,00 € |
- Prezo con desconto (que desconto e que colectivos): Desconto do 20% para carné xove, +65 anos, persoas desempregadas / Desconto do 25% para familia numerosa
- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.
- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:
- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo/a proxección deben facelo con entrada.
- Unha vez que comece a proxección, non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.
Actuar con responsabilidade.
"En tierra extraña" 2021 AIE
teatrocolon@coruna.gal
Muller afeita a manexar o seu destino e a non recibir nunca un non como resposta, pídelle ao seu colaborador Rafael de León que cite o poeta no Teatro Español de Madrid, onde ensaia o seu novo concerto. Quere propoñerlle que lle escriba unha canción.
Federico acepta a invitación. Por unha banda admira a voz da cantante, por outra está desexoso de conseguir novos ingresos que, unidos ao teatro, lle permitan levar o nivel de vida que sempre soñou e do que, ao fin, está a empezar a gozar. Iso si, contáronlle tantas cousas (e non sempre boas) da valenciana que acode con certos reparos, moita curiosidade (e bastante atraso), ao encontro.
Pero, unha vez fronte a fronte, as cartas iranse poñendo sobre a mesa. A verdadeira razón dese encontro é avisar a Federico de que a situación do país é irreversible. Concha sabe de primeira man que o seu nome figura en varias listas negras. A "xente coma el" debería fuxir ao estranxeiro canto antes. Pola súa propia seguridade. Federico non cre que o sangue chegue ao río e pensa que os ánimos se acougarán.
Con todo, un terrible acontecemento, o asasinato de José del Castillo a poucos metros do teatro, fai a Federico reformularse a situación. Quizais debería fuxir. Concha dille que ela lle pode facilitar nese mesmo instante unha pasaxe para México. Non debe perder un minuto. Pero o poeta non ten tan claro que ese sexa o seu destino. España é a súa patria. E nunca se sentirá nela EN TERRA ESTRAÑA.
VENDA DE LOCALIDADES
16/05/2024
21/05/2024
Dende o 17/05/2024 ata o 21/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Dende o 24/05/2024 ata o 25/05/2024
26/05/2024
28/05/2024
Dende o 24/05/2024 ata o 28/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
04/06/2024
Dende o 31/05/2024 ata o 04/06/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha ou de dúas persoas adultas. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible