Emma Ríos estará na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano para falar da súa obra "Bella Muerte" publicada por Astiberri. A visita enmárcase dentro dunha sesión especial do Club de Lectura de Cómics.
+ 14 anos
Xuvenil, Persoas adultas
07/12/2016
Xa rematou
De 18.30 a 19.30 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
Emma Ríos (Vilagarcía de Arousa, 1976). Licenciada en Arquitectura pola Universidade da Coruña, formou parte do colectivo Polaqia, co que publicou a súa serie "A prueba de balas". Tras unha primeira incursión no cómic estadounidense con Hexed, con guión de Michael Alan Nelson, debuxa para Marvel Runaways e unha miniserie do "Doctor Extraño", guionizada por Mark Waid.
"Bella Muerte" (Astiberri, 2014) é a súa terceira colaboración con Kelly Sue DeConnick, orixinalmente publicada por Image, cuxo segundo tomo está a terminar nestes momentos e que publicará Astiberri antes de fin de ano. Gañou o premio á mellor autora revelación no Expocómic de 2008.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible