Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Encontro con Paula Carballeira: para rapazas e rapaces de 8 a 12 anos con pais e nais

Comezamos na Biblioteca Os Rosales con novos Encontros para pais, nais, fillas e fillos, nos que tentaremos achegarvos varias temáticas baixo unha visión sinxela, amena, con humor e empregando os recursos dos que dispón a biblioteca xunto á colaboración de diferentes profesionais.

A quen vai dirixido?:

De 8 a 12 anos

Familias

A quen vai dirixido:

Infantil, Familias

Cando:

31/10/2018

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 24/10/2018 ata o 31/10/2018

Horario:

de 18.30 a 20.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña

Contacto:

Paula Carballeira adícase profesionalmente ao teatro e á narración oral desde 1992. Foi convidada aos principais festivais de narración oral tanto nacionais como internacionais e é autora de varios títulos de literatura infantil e xuvenil ademais de libros escolares de Lecturas. 

"¿Gústame ler historias de terror ao mediodía, porque de noite teño medo. Pola mañá, collo un libro que me faga rir para comezar ben o día, e cando me deito chamo o sono con poemas ou aventuras que me leven lonxe, para soñar con outras terras. Todas esas historias quedan na miña cabeza e piden saír ás veces, por iso me dedico a contalas polo mundo adiante ou a escribir as que me gustaría que alguén lese. Se queres acompañarme, coñecerás algún medo, algunha terra de lonxe, algo de min, da miña familia. Prometo sorpresas, aventuras e sorrisos". Asinado: Paula C.

As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. Só os nenos e nenas necesitan inscrición. Imprescindible asistencia mínimo cun adulto.

Esperámosvos!

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión