Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Encontro de teatro "Entrecontos"

Encontro dos grupos de teatro de educación primaria que participan nas actividades "En escena" e "Comediantes" do programa de lecer do Servizo Municipal de Educación e a Federación Provincial de ANPAS de centros públicos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

12/05/2026

Horario:

A partir das 16:30 horas.

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

"Entrecontos" é un encontro de teatro entre os grupos de educación primaria que participan nas actividades "En escena" e "Comediante" do programa de lecer do Servizo Municipal de Educación e a Federación Provincial de ANPAS de centros públicos.

O obxectivo é que os pequenos actores e actrices saian da súa zona de confort para representar a súa obra, ao mesmo tempo que coñecen e comparten a experiencia con outros escolares doutros centros.

O encontro celebrarase o martes 12 de maio de 2026, a partir das 16:30 horas, no auditorio do Fórum Metropolitano.

Participarán grupos dos centros CEIP San Francisco Javier, CEIP Sal Lence, CEIP Rosalía de Castro e CEIP Víctor López Seoane.

Información a ter en conta

  • Para participar é obrigatorio cubrir a ligazón do formulario de autorización enviado por correo ás familias.
  • Os escolares que non participen no encontro non poderán quedar no centro ese día, pois o persoal educador responsable será o acompañante nesta saída.
  • O desprazamento será en bus desde o propio centro. O horario de regreso (17:45-18:00 horas) será aproximado en función do tráfico e as paradas intermedias.
  • Estas representacións serán exclusivamente para o alumnado participante, polo que as familias non poderán asistir.

Documentos relacionados

  • Encontro de teatro "Entrecontos" - Cartel informativo (505 KB)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión