Sílvia Abril, Eva Hache, Eva Soriano, Ana Morgade, Carolina Iglesias, Leo Harlem, Dani Rovira, Ignatius Farray, Xosé A. Touriñán, Pantomima Full, Javier Cansado, Javier Veiga e Luis Piedrahita, entre outras moitas figuras, participarán na terceira edición do Encontro Mundial de Humorismo, que terá lugar do 28 de abril ao 7 de maio na Coruña.
Para público en xeral
Dende o 28/04/2023 ata o 07/05/2023
Xa rematou
Etiqueta Negra e El Espectador, e que conta co apoio do Concello da Coruña e de Estrella Galicia
https://emhu.es
A programación do festival, impulsado polas produtoras Etiqueta Negra e El Espectador, e que conta co apoio do Concello da Coruña e de Estrella Galicia, incluirá a gravación dun programa especial de (Estirando el chicle Premio EMHU Fenómeno 2022) desde o castelo de San Antón, ou a estrea en Galicia de Buenismo Show, o espectáculo de Manuel Burque, Henar Álvarez e Quique Peinado baseado en Buenismo bien, o programa radiofónico que presentan. Tamén como novidade, o EMHU acollerá a estrea en España de Garabato controlado, o último show do arxentino Juan Barraza; e a estrea absoluta de novos traballos de humoristas de Galicia: As R(h)umorosas, creado por Marta Doviro, Carmen Méndez e Ledicia Sola, ou Ansia viva, de Oswaldo Digón e o músico Luis Tinaquero.
Humoris Causa este ano reunirá a Eva Hache, Dani Rovira, Javier Cansado e Xosé A. Touriñán sobre o escenario do Palacio da Ópera.
Fantastic Colofon, a gala de peche do evento, nesta ocasión contará con Carolina Iglesias e Pantomima Full e o director artístico do festival, Luis Piedrahita, sobre as táboas do Teatro Colón. Como novidade, o EMHU celebrará a estrea absoluta dunha nova gala de produción propia de gran formato, Animus Iocandi, coa que o evento regresará a Palexco para ofrecer unha sesión desternillante da man de Ana Morgade, Eva Soriano, Leo Harlem e Sílvia Abril.
O EMHU tamén programará sesións dalgúns dos espectáculos máis seguidos do momento. É o caso de ,La capital del pecado 2.0 de Juan Dávila, que se estreará en Galicia no marco do festival, ou La Ruina, o show de Ignasi Taltavull e Tomàs Fuentes que promete ser un dos momentos máis inesquecibles desta edición. Tampouco faltarán esta primavera á súa cita coruñesa co EMHU Ignatius Farray, que presentará La comedia salvó mi vida; ou os protagonistas de Sin datos no hay paraíso, que tras percorrer varias cidades do país despois da súa estrea na edición de 2022, regresa ao festival para celebrar a súa gradación teatral da man de Animalize21, Car de Lorenzo, El Cejas e Xurxo Carreño.
A programación de pago do EMHU 2023 achegarase, ademais, á gran pantalla. O 30 de abril proxectarase por primeira vez en Galicia, no Teatro Colón, Amigos hasta la muerte, a adaptación cinematográfica escrita e dirixida por Javier Veiga da exitosa obra de teatro e que se estreará este mes de marzo no Festival de Málaga. Será unha sesión especial que contará cun breve coloquio e espectáculo no que se citarán, ademais do propio Veiga, Marta Hazas, David Amor e Xosé A. Touriñán. Esta será a primeira mesa redonda que teña lugar no marco da edición de 2023, na que se realizarán diferentes encontros e iniciativas abertas ao público dentro da programación de actividades paralelas.
28/04 - 21.30 h - Teatro Colón
BUENISMO SHOW
29/04 - 17.00 h - Teatro Colón
SIN DATOS NO HAY PARAÍSO
29/04 - 22.00 h - Palacio da Ópera
HUMORIS CAUSA
30/04 - 16.00 h - Castelo de San Antón
ESTIRANDO EL CHICLE EN UN CASTILLO
30/04 - 18.00 h - Teatro Colón
LA COMEDIA SALVÓ MI VIDA
30/04 - 20.30 h - Teatro Colón
AMIGOS HASTA LA MUERTE
01/05 - 19.30 h - Teatro Colón
LA CAPITAL DEL PECADO 2.0
03/05 - 19.30 h - Sede Afundación
AS R(H)UMOROSAS
04/05 - 19.30 h - Teatro Colón
LA BANDA SONORA DE NUESTRA RISA
04/05 - 21.00 h - Sede Afundación
ANSIA VIVA
05/05 - 19.30 h - Sede Afundación
GARABATO CONTROLADO
06/05 - 12.30 h - Teatro Colón
LA RUINA
06/05 - 22.00 h - Palexco
ANIMUS IOCANDI
07/05 - 20.00 h - Teatro Colón
FANTASTIC COLOFON
CONSULTA OS ABONOS PARA O ENCONTRO. SÓ EN LIÑA!
VENDA DE LOCALIDADES

13/12/2025

Dende o 12/12/2025 ata o 13/12/2025

14/12/2025
INICIO DAS VENDAS: O venres anterior a cada espectáculo, nos horarios habituais da praza de Ourense e en Ataquilla.com

Os días 10/12/2025, 11/12/2025, 12/12/2025, 13/12/2025, 14/12/2025

19/12/2025

20/12/2025
Entradas á venda o 17 de xullo de 2025 desde as 12.00 h
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible