Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Encontro para familias: (DES)BOTAR Obradoiro de personaxes ready-made

Encontro para pais, nais, fillas e fillos, onde tentamos achegarvos varias temáticas baixo unha visión sinxela, amena, con humor e empregando os recursos dos que dispón a biblioteca xunto á colaboración de diferentes profesionais.

A quen vai dirixido?:

De 8 a 12 anos

Familias

A quen vai dirixido:

Infantil, Familias

Cando:

23/03/2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 16/03/2023 ata o 23/03/2023

Horario:

De 18.30 a 20.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña

Contacto:

Obradoiro con Ángeles Díaz, educadora artística e mediadora cultural de FUNICULAR, donde empregando material de refugallo, dotaremos a diferentes obxectos de cualidades escultóricas e discurso narrativo, facendo así unha viaxe para achegarnos ao mundo narrativo e do deseño. 

Podedes achegar un obxecto de refugallo que seleccionedes por algún motivo (unha lata de atún cunha cor dourada moi vistosa, un anaco de madeira, uns cartóns de ovos...) E así cunha peza por aquí, cun cable por alá... traballando coas mans e a través do xogo, descubriremos en familia, onde pensabamos que xa non había nada, pequenas historias que nos levarán cara a creación das nosas personaxes. 

Adxudicaranse as prazas por rigorosa orde de inscrición. Só os nenos e nenas necesitan anotarse. Imprescindible a asistencia dunha persoa adulta.

Esperámosvos!!!

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión