Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Encontro para familias: Todxs temos móbil, pero como o xestionamos en familia?

Primeiro encontro do curso para pais, nais, fillas e fillos, onde intentamos achegarvos varias temáticas baixo unha visión sinxela, amena, con humor e empregando os recursos dos que dispón a biblioteca xunto coa colaboración de diferentes profesionais.

A quen vai dirixido?:

De 8 a 12 anos

Familias

A quen vai dirixido:

Infantil, Familias

Cando:

27/10/2022

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 20/10/2022 ata o 27/10/2022

Horario:

Das 18.00 ás 20.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña

Contacto:

brosales@coruna.es

Telef.: 981 184 389

Encontro a cargo de Santiago Rey Asorey, policía nacional experto universitario na localización e seguimento dos delitos tecnolóxicos pola UDIMA.

A nosa mocidade creceu entreténdose cos nosos móbiles. O que para nós é unha experiencia innovadora, como follear un xornal dixital, ler un libro nun lector de libros electrónicos ou escoitar música en Spotify, para eles/as é o soporte natural deses contidos.

Gocemos en familia das vantaxes que nos achegan as novas tecnoloxías, ensinémoslles a diversificar o lecer, a manexar as novas tecnoloxías, como lles ensinamos todo o demais que lles afecta na súa vida.

A clave non está en esconder os nosos móbiles ou en prohibirlles o seu uso aos nosos fillos e fillas. A resposta é aprender a facer un bo uso procurando ser o mellor exemplo para eles e elas.

Adxudicaranse as prazas por rigorosa orde de inscrición. Só os nenos e nenas necesitan anotarse. É imprescindible a asistencia dunha persoa adulta.

Esperámosvos!!!

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión