Encontro deseñado para que as familias poidan compartir experiencias, apoiarse mutuamente e aprender de maneira conxunta sobre temas de interese familiar e educativo.
Para nais e pais interesados no tema
Infantil, Familias
24/04/2025
Xa rematou
Dende o 21/04/2025 ata o 24/04/2025
das 18.30 ás 20.00 horas
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
15
Tel.: 981 184 389
Encontro para familias interesadas en promover unha educación sexual integral, inclusiva e respectuosa. Xunto a Águeda Fernández, mestra e experta en sexoloxía e educación sexual, exploraremos ferramentas prácticas, conceptos clave e estratexias para falar sobre sexualidade dun xeito positivo, informado e adaptado a cada etapa do desenvolvemento.
Por que asistir?
· Para entender a importancia de educar dende a diversidade e o respecto.
· Para aprender a responder preguntas e situacións con confianza.
· Para crear contornas seguras onde as crianzas medren cunha autoestima saudable.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible