Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

"ENDATERRA", de Xacarandaina

Novo espectáculo de música e baile tradicional no que se fusionan distintas artes escénicas como son o baile e a música tradicional galega e o teatro.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

07/05/2023

Xa rematou

Horario:

21.00 h

Apertura de portas ás 20.30 h

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

  • Platea (filas 1 a 6): 20,00 €
  • Tendido Baixo (sentado numerado): 18,00 €
  • Tendido Baixo Lateral (sentado numerado): 15,00 €

A entrada é nominal. Non se admiten cambios de entradas, nin da titularidade delas, nin devolucións.

No momento da compra das entradas débese indicar o nome, apelidos e DNI (NIE ou pasaporte) das persoas asistentes tal e como figuran nos seus DNI.

Para poder acceder ao Coliseum, a persoa titular da entrada deberase identificar presentando o seu DNI xunto coa súa entrada.

No caso de que o/a titular da compra das entradas non dispoña de todos os datos para identificar as persoas acompañantes deberá indicar os seus nas entradas destinadas ás ditas acompañantes, obrigándose a asistir ao evento. Durante o acceso ao Coliseum todas elas deberán identificarse como integrantes do mesmo grupo.

Os/as menores 16 anos teñen que asistir ao evento acompañados/as dunha persoa adulta responsable maior de idade e traer a correspondente autorización asinada.

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

Asociación Cultural Xacarandaina

Documentos:

AUTORIZACION-DE-ACCESO-PARA-MENORES-DE-16-ANOS---XACARANDAINA.pdf (97 KB)

ENDATERRA conta cunha banda sonora única, composta en exclusiva para este espectáculo, e cunha singular produción audiovisual, creando unha paisaxe sonora e visual a través de imaxes e sons naturais do camiño. Todo isto fai de ENDATERRA  un espectáculo único e exclusivo, non comparable con outro espectáculo etnográfico realizado ata o momento. ENDATERRA é un percorrido que une a cultura tradicional das dúas rutas menos exploradas de Galicia: O Camiño Inglés e o Camiño a Fisterra-Muxía. Este é o resultado dun profundo e minucioso traballo de investigación dos bailes de divertimento, danzas, cancións, melodías, vestiario e tradicións dos 18 concellos polos que transcorren os dous camiños. O argumento baséase na peregrinación feita no 1900 por unha aristócrata inglesa e a súa doncela de orixe galega a Santiago de Compostela, con epílogo en Fisterra e Muxía. Esta aristócrata de orixe escocesa e residente en Londres, muller aventureira e decidida, anímase a emprender esta viaxe convencida pola súa doncela. Farán a viaxe en tres etapas, a primeira nun navío da época desde o porto de Londres ata o da Coruña, despois a pé dende A Coruña ata Santiago e logo ata Fisterra e Muxía. Aos poucos, irase interesando por todo o que vai vendo ao longo do camiño, onde irá descubrindo e namorándose de Galicia, recoñecéndose nela. É por iso que decide seguir adiante, animada por unha inevitable e misteriosa promesa que fixo.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Coliseum: unicamente o día do espectáculo desde as 17.00 h
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión