Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Entre les murs de Laurent Cantet

François é un novo profesor de lingua francesa nun instituto conflitivo, situado nun barrio marxinal.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 15/10/2015 ás 20:15 , 16/10/2015 ás 20:15 , 17/10/2015 ás 20:15

Xa rematou

Horario:

xoves 20.15 h

venres 20.15 h e 22.45 h

sábado 17.15 h e 20.15 h

Duración:

131 min

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

3'00 euros (carné xoven, + 65 anos, persoas desempregadas, 2'00 euros)

(os descontos aplicaranse previa presentación do documento que acredite o desconto)

Contacto:

981 184 293

Documentos:

Programa completo Sala Marilyn Monroe (2 MB)

Os seus alumnos teñen entre 14 e 15 anos, e non dubida en enfrontarse a eles en estimulantes batallas verbais; pero a aprendizaxe da democracia pode implicar auténticos riscos. Ao comezar o curso, os profesores, cheos de boas intencións, desexosos de darlles a mellor educación aos seus alumnos, ármanse contra o desalento. Pero a abismal diferenza de cultura e de actitude chocan violentamente nas aulas, que non son máis que un microcosmos da Francia contemporánea. Por moi divertidos que sexan ás veces os alumnos, os seus comportamentos poden cortar de raíz o entusiasmo dun profesor. A tremenda franqueza de François sorprende aos seus alumnos, pero o seu estrito sentido da ética cambaléase cando os mozos e mozas empezan a non aceptar os seus métodos.

Director: Laurent Cantet

Intérpretes: Francois Begaudeau

Francia, 2008 - 131 min (V.O.S en castelán)

APTA PARA TODOS OS PÚBLICOS

* Festival de Cannes 2008: Palma de Ouro, mellor película.


Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión