"Entre tenores" é unha fusión de catro voces masculinas, Lorenzo Moncloa, Víctor Díaz, Ricardo Bernal e José Antonio Moreno, que farán un percorrido polos distintos xéneros musicais
Todos os públicos
Para público en xeral
30/09/2016
Xa rematou
20.30 h
90 min
20'00 € ( antes do 23 de setembro: 15,00 €)
Un repertorio que abarcará tanto temas de ópera, como zarzuela, música latina, pop, boleros, folclore... En definitiva, unha exquisita selección dos temas máis emblemáticos da historia da música versionados ao piano por Cesar Belda.
Catro voces masculinas, un sen fin de xéneros musicais e 90 minutos para gozar de temas clásicos e grandes éxitos. Lorenzo Moncloa, Víctor Díaz, Ricardo Bernal e José Antonio Moreno son os encargados de facer un repaso por todos os estilos, sendo capaces de trasladarnos da zarzuela á música latina pasando polo pop ao máis puro estilo Il Divo. Todo iso versionado cun estilo clásico ao que as súas voces están máis habituadas, cun sabor lírico que fará do concerto unha velada inesquecible.
Entidades

26/12/2025

Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026

23/01/2026

24/01/2026

29/01/2026
Entradas á venda en
www.sfx-events.com

30/01/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible