Dos creadores de Escándalo en palacio, de 1888. Señorita Julia, chega a nova alta comedia de Estudo Momento.
Para público en xeral
Dende o 16/10/2026 ata o 17/10/2026
día 16: 21.00 h
día 17: 20.30 h
Platea: 25,00 € / Platea, visibilidade reducida: 21,00 €
Palco: 25,00 €
Principal: 23,00 €
Principal, 1ª fila - visibilidade reducida: 19,00 €
Desconto do 20% para carné novo, maiores 65 anos, persoas desempregadas
Desconto do 25% para familia numerosa
*Para a aplicación dos descontos é iimprescindible presentar o documento que acredite o desconto á hora de comprar a entrada e de acceder ao teatro.
NORMAS DE ACCESO Ao RECINTO
• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida excepto auga
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización
• Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Estudo do Momento SC
Clara Beltrán (Iria Ares) e Tomás Chamorro (Xoán C. Mejuto) deciden fundar o seu propio medio dixital independente. Teñen talento. Teñen ambición. Pero só son dous. Para parecer unha redacción sólida, inventan unha ducia de identidades. Baixo eses nomes ficticios comezan a publicar noticias que eles mesmos asinan. O experimento funciona. Os lectores crecen. Os clics dispáranse. Ata que un bulo creado para xerar tráfico termina revelando un escándalo político real de enormes dimensións. Da noite para a mañá, o seu pequeno proxecto convértese no medio máis consultado do país... e no obxectivo de todos os poderes. Atrapados, deberán decidir que é máis importante: a verdade... ou o éxito.
Unha comedia áxil, sofisticada e ferozmente actual sobre o teatro cotián do xornalismo e o prezo da credibilidade. Se a verdade é un espectáculo, esta obra é a súa backstage.
VENDA DE ENTRADAS:
Entidades

Dende o 05/06/2026 ata o 06/06/2026

Dende o 05/06/2026 ata o 07/06/2026

09/06/2026
Dende o 05/06/2026 ata o 09/06/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.

10/06/2026
10/06/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.

11/06/2026

Dende o 12/06/2026 ata o 13/06/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible