Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Escola de empoderamento feminista: Taller "Xénero, poder e feminismo"

Formamos parte dunha sociedade na que reproducimos xestos, actitudes e discursos que fortalecen estruturas que nos custa ver e que non favorecen a igualdade de xénero. Imos intentar analizalo.

A quen vai dirixido?:

Homes e mulleres a partir de 16 anos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 04/05/2018 ás 10:00 , 05/05/2018 ás 10:00

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 04/04/2018 ata o 17/04/2018

A inscrición poderase facer, durante o prazo sinalado, de dúas maneiras: ben a través da web da Concellería de Igualdade e Diversidade ou ben chamando ao teléfono 981 184 253 en horario de 10.00 a 14.00 horas

Horario:

Dia 4 de maio: de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30 horas

Día 5 de maio: 10.00 a 14.00 horas

Enderezo:

Centro Cívico Monelos. Avda. de Monelos 2. 15008 A Coruña

Prezo:

Gratuíto. Prazas limitadas

Requisitos:

Inscrición no prazo estipulado

Organiza:

Concellaría de Igualdade e Diversidade

Contacto:

981 184 253

Concellería de Igualdade e Diversidade

A construción de xénero crea unha estrutura xerárquica e excluínte na que se establecen a posesión e o uso do poder e outórganse privilexios en base a un modelo cultural. Tomar conciencia dese proceso e dos seus mecanismos permite a análise crítica e a deconstrución dun sistema que provoca desigualdade en todos os ámbitos das nosas vidas. Formamos parte dunha sociedade na que reproducimos xestos, actitudes e discursos que fortalecen estas estruturas. Moitas destas prácticas son habituais ata o punto de que nos resultan difíciles de detectar no día a día. Con todo estes comportamentos teñen consecuencias na vida das persoas. Construír espazos despatriarcalizados pasa necesariamente por visibilizar e afrontar individual e colectivamente estas formas de estar e participar na sociedade.

O taller "Xénero, poder e feminismo: transformando as relacións e os coidados nos grupos" articúlase como unha invitación, un espazo para reflexionar e tomar conciencia de como a construción diferencial de xénero inflúe no funcionamento dos grupos. Nesta primeira proposta imos partir da idea de xénero como unha categoría de opresión e, analizando de forma crítica as relacións de poder que establece (rangos, roles, toma de decisións, distribución de tarefas etc), achegarnos ao feminismo.

No taller traballaranse os seguintes aspectos ou obxectivos:

Tomar conciencia da orde de xénero

Observar como se solapan os sistemas de opresión

Reflexionar sobre a experiencia subxectiva dos coidados, relacionándoa coa socialización de xénero

Avanzar na xestión dos coidados nos grupos, baixo os criterios de corresponsabilidade, xustiza e sustentabilidade

Analizar como inflúe a desigualdade de xénero en cada un dos catro espazos dos grupos (asemblea, indagación, celebración e espazo emocional)

Adquirir ferramentas para levar unha perspectiva feminista aos grupos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión