Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Espazos en construción. Javier Zabala, 1983-2023

A exposición repasa a traxectoria dun dos ilustradores españois con maior prestixio internacional, tal como evidencian os seus numerosos recoñecementos e premios obtidos durante a súa traxectoria artística.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 16/03/2023 ata o 17/05/2023

Xa rematou

Horario:

Luns a domingo das 12.00 ás 14.00 h e das 18.00 ás 21.00 h

Enderezo:

Sala Municipal de Exposicións Salvador de Madariaga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Prezo:

Entrada libre

Nado en León en 1962, formouse nas Escolas de Arte de Oviedo e Madrid. As súas obras traducíronse a 18 idiomas e publicáronse nas editoriais máis importantes. A súa obra como ilustrador abrangue a literatura infantil, a xuvenil e a adulta.

A mostra ten unha vontade antolóxica, polo que abarca ata doce diferentes capítulos, dende os seus comezos en León e Oviedo ata o repaso polos seus libros, pasando por temáticas como a natureza, os seus cadernos, siluetas, os espazos urbanos, a pintura, a escultura, os clásicos ou os seus procedementos, entre outras.

Entre os seus premios figuran o Nacional de Ilustración de 2005, White Ravens (Munich) en 2008; a mención de Honra na Feira Internacional do Libro Infantil de Bolonia,en 2005 e en 2008; e o primeiro Premio en libro infantil Banco do libro de Venezuela en 2009.

Tamén logrou o Junceda Ibérica en 2010; o Premio "Los tres imprescindibles de la Biblioteca", o Banco do libro de Venezuela, 2012; "Los cuervos blancos" 2013 e a Internationale Jugendbibliotek. Munich. Ademais, foi finalista do Premio Andersen 2012 e candidato por España ao Astrid Lindgren Memorial Award (ALMA) 2015. Tamén en 2015 recibiu unha "Mazá de Ouro" na Bienal de Bratislava e obtivo a Golden Medal of Times Illustration Book Award 2016, China.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión