A Fundación Luís Seoane presenta esta exposición en colaboración coa Fundación Eugenio Granell.
Para público en xeral
Dende o 19/06/2015 ata o 23/08/2015
Xa rematou
Martes a sábado de 11:00 h. a 14:00 h. e de 17:00 h. a 20:00 h.
Domingos de 11:00 h. a 14:00 h.
Luns pechado.
Gratuíto.
Esta exposición supón un achegamento á obra plástica de Granell a través de diferentes producións, establecendo un percorrido ao redor da vida e a obra dun dos artistas máis importantes da segunda metade do século XX. É un proxecto significativo por dúas cuestións diferentes, por unha banda a celebración do vixésimo aniversario da Fundación Granell, e pola outra, o estreito vínculo que o artista ten coa cidade da Coruña, onde naceu en 1912, e onde aínda reside parte da súa familia, e tamén por ser a cidade na que se celebrou a súa primeira grande exposición ao regresar do exilio americano, en 1986.
A realización desta mostra supón un regreso ao momento de partida. Eugenio Granell mantén vivas no recordo vivencias e anécdotas que dan lugar á creación de obras tan significativas como Os amantes da Praia de Riazor de 1980, que o artista comenta na súa obra literaria, Historias dun Cadro, publicada no ano 2007 ou O illote do Castelo de San Antón, un gravado de 1993, onde a alusión a un dos monumentos máis importantes da cidade serve como pretexto para destapar as inxustizas sufridas durante o servizo militar e os horrores da contenda do 36. Pinturas, colaxes, debuxos, fotografías, obra cinematográfica, construcións, libros e unha coidada selección de obxectos e documentos de arquivo, pertencentes ás coleccións do Museo Fundación Eugenio Granell, completan unha viaxe polas diferentes etapas creativas do artista, que o relacionan coa cidade onde naceu e onde vivía a familia da súa nai.

Dende o 05/11/2025 ata o 10/01/2026

Dende o 03/12/2025 ata o 28/02/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible