Programación da Deputación da Coruña
Para público en xeral
08/10/2023
Xa rematou
20.00 h
Entrada con invitación (máximo 2 invitacións por persoa)
Deputación da Coruña
teatrocolon@coruna.gal
Eurovisión (O fake show) é o último texto de teatro escrito por Lino Braxe para a compañía Bucanero.
O concurso musical televisivo por antonomasia retransmitindo cancións, presentacións, votacións... As tripas da televisión, os tópicos patrios máis absurdos, músicas delirantes nun xogo escénico sen fin.
Países europeos mestúranse coa China e EEUU, que non son europeos, pero que participan. Como tamén participa Galicia (que non é país, pero si europea) como anfitrioa.
Podería a TVG retransmitir unha gala de Eurovisión? Participaría Galicia cunha canción? Converteríase, por tanto, en país? Estamos preparados para o gran show? Onde reside a alma da patria?
Algunhas preguntas e risa asegurada.
Dous actores e unha actriz que cantan, bailan, presentan, actúan...
Eurovisión (o fake show) é un texto no que o autor, Lino Braxe, lle dá renda solta ao seu máis persoal sentido do humor. Un texto pensado para tres actores amigos e colaboradores habituais, como son Xosé Bonome, Pedro Picos e Sabela Hermida, no que se mestura o humor coa música, dúas das paixóns do propio Braxe.
Con: Sabela Hermida, Pedro Picos e Xosé Bonome
Voz en off: Javilópez
Dirección: Rebeca Montero
Texto: Lino Braxe
Coreografía: Sabela Hermida
Música orixinal: José Bonome
Letristas: Rebeca Montero, Sabela Hermida, Xosé Bonome e Pedro Picos
Vestiario: Bucanero e Manarte
Deseño iluminación: Is Torrado
Deseño gráfico: Héctor Bonome
Escenografía: Is Torrado
Produción: Bucanero e Manarte Producciones
VENDA DE ENTRADAS
Entidades

06/04/2026
Dende o 03/04/2026 ata o 06/04/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 6 meses a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.

07/04/2026
Dende o 03/04/2026 ata o 07/04/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.

10/04/2026

11/04/2026

14/04/2026
Dende o 10/04/2026 ata o 14/04/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 4 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.

17/04/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible