O Bâbâ bar inicia esta tempada cun novo proxecto "Transformando Materias". "Cando a mirada do sublime póusase sobre o práctico, xorde a beleza do útil e cotián" Tres miradas incisivas desde a sutileza, o despoxamento e a naturalidade.
Para público en xeral
Dende o 12/09/2015 ata o 05/12/2015
Xa rematou
De martes a venres: a partir das 19.00 horas.
Sábados: a partir das 20.00 horas.
Berenice e Miguel son dous novos arquitectos da Coruña. Xuntos crearon Cubeterie, un estudo-taller interesado nas diferentes ramas do deseño. Actualmente céntranse na creación de pezas singulares e atemporales de xoiería e complementos.
Os seus produtos tratan de combinar tradición e novas tecnoloxías, sendo a maioría da súa xoiería realizada mediante impresión en 3D.
Esta nova técnica de fabricación leva consigo a aparición de novos materiais. Ábrese así un abanico moi amplo de posibilidades, e é o que os levou a traballar nunha liña de xoiería propia e característica.
Deseñan xeralmente superficies de dobre curvatura que serían moi difíciles ou mesmo imposibles de conseguir por medios tradicionais.
Imprimen en madeira, bronce, cobre, latón mesturados todos eles en maior ou menor proporción con poliácido láctico (PLA) imprescindible en impresoras caseiras.

Dende o 05/11/2025 ata o 10/01/2026

Dende o 03/12/2025 ata o 28/02/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible