Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Exposición de Dani Arias

Dani Arias presenta a serie fotográfica PRESENCIAS.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 22/07/2015 ata o 28/09/2015

Xa rematou

Horario:

De 20.00 a 04.00 h.

Enderezo:

Xardíns Méndez Núñez 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Gratuíta. Maiores de 18 anos. Precísase documentación.

Organiza:

Casino Atlántico

Dani Arias, formado na escola de Imaxe e Son da Coruña, é reporteiro gráfico e cámara na Televisión de Galicia. No campo da fotografía realizou importantes series e porfolios en Gambia, Romanía, Turquía, India e recentemente en Mongolia. En 2012 e 2014 recibe o Premio Mellor Imaxe Concurso Marco Polo, con fotografías tomadas no Río Omo, sur de Etiopía.

No Casino Atlántico, Dani Arias presenta unha composición de imaxes, en branco e negro, meticulosamente realizadas, cunha profundidade estética e un tratamento máis conceptual: "A exposición propón unha viaxe onírica, a porta de entrada a algo distinto a través de espazos e elementos cotiáns, que simplemente espera a ser sentida e vista, doutra maneira".

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión