A Galería Monty4 contará coa exposición "Nós. Soñando, vivindo" do escultor Francisco Escudero. A súa inauguración terá lugar ás 20.30 horas. A mostra contará con pezas talladas con moto-serra en madeira de piñeiro do país, ciprés, carballo e cedro vermello do Líbano.
Para público en xeral
Dende o 01/10/2015 ata o 07/11/2015
Xa rematou
Francisco Escudero (A Coruña, 1958). Entre 1973 e 1978 estuda na Escola de Artes e Oficios da Coruña, onde se gradúa, en 1979, en Artes Aplicadas coa especialidade de Talla de Madeira.
Durante o ano 1980 perfecciona os seus coñecementos das técnicas de talla en pedra da man de dous vellos canteiros; e en 1984 os escultores do taller Fulvio Nicoli (Carrara, Italia) desvélanlle os segredos para esculpir e puír o mármore.
Desde 1983 vive da escultura como profesional realizando obra pública, encargos e obra creativa. En 1997 gradúase de novo en Artes Aplicadas na Escola Pablo Picasso da Coruña, na especialidade de Técnicas de Volume. Desde o ano 2000 céntrase máis na súa obra creativa, participando en numerosas exposicións individuais e colectivas.

Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026

Dende o 05/11/2025 ata o 10/01/2026

Dende o 03/12/2025 ata o 28/02/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible