Exposición: O Mar
Para público en xeral
Dende o 24/10/2020 ata o 15/10/2020
Inauguración xoves 24 ás 11.30 h
Xa rematou
Avda. Montoto (Dársena da Marina).
gratuita
Premio Nacional de Fotografía 2016 e World Press Photo 1999 e 2004, entre outros moitos galardóns, o traballo de Isabel Muñoz caracterízase pola unión do seu compromiso social coa procura da beleza. Convencida de que as historias que non se contan non existen, Muñoz utiliza a fotografía como unha ferramenta para sacar á luz historias descoñecidas. Nesta exposición presenta 12 fotografías de gran formato, algunhas delas inéditas, realizadas no Mediterráneo e no Xapón entre 2016 e 2020. A mostra é unha reflexión sobre a relevancia dos océanos na nosa vida, sobre a orixe da nosa existencia e o lugar ao que volvemos na busca da nosa parte máis animal. Muñoz alerta sobre un dos grandes perigos -os residuos plásticos-, unha profunda ferida provocada pola acción do ser humano.
A fotógrafa contou coa colaboración de Ai Futaki, récord Guinnes de apnea e documentalista submarina xaponesa, que se apoia nesta modalidade deportiva para transformar a natureza en arte.
Isabel Muñoz protagonizará un encontro inspirador o venres 25 de setembro na Domus, no que o público poderá coñecer as claves do seu traballo

Dende o 19/02/2026 ata o 12/04/2026

Dende o 11/03/2026 ata o 03/05/2026

Dende o 19/03/2026 ata o 10/05/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible