Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Exposición de pintura de Lino Lago

O artista galego e residente en Lituania exporá no Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (MAC).O xoves 12 de novembro ás 20:00 horas terá lugar a inauguración da mostra. O evento dará comezo cunha charla de introdución protagonizada polo artista e o comisario, e finalizará cun cóctel para todos os asistentes.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 12/11/2015 ata o 28/02/2016

Xa rematou

Horario:

De martes a sábado: de 11.00 a 14.00 h. e de 17.00 a 21.30 h.

Domingos e festivos: de 11.00 a 14.00 h.

Enderezo:

Avda. de Arteixo 171, Bj. 15007 A Coruña

Prezo:

Gratuíta.

Páxina web:

web do museo.

Lino Lago (Redondela, Pontevedra, 1973. Reside en Vilnius, Lituania) é un dos artistas españois cun discurso crítico máis definido e comprometido desde a pintura. En todo o seu traballo podemos ver unha constante incomodidade do que supón o feito pictórico e artístico en contraste cunha magnifica factura en todas as súas obras.

O artista vai máis aló da estética e busca a inspiración na rúa, nas noticias, na vida cotiá. Atrévese a intervir fondos clásicos de Bronzino ou Velázquez con elementos xeométricos, textos intrusivos ou pinceladas caóticas e desordenadas. Tamén se achega ao hiperrealismo coas súas pinturas próximas á definición da fotografía, que tampouco se libran da súa man interventora. En todas as súas obras tenta recoller o estandarizado para dotalo dun novo significado, convertelo noutra cousa para expor un novo razoamento.

A exposición divídese en dúas partes, unha primeira que recolle unha ampla selección de obras das súas etapas anteriores, nas que xa se pode observar a base crítica na que se sustenta todo o seu traballo, e unha segunda parte na que trata, por primeira vez en España, o asunto da inxustiza e o sufrimento innecesario dos animais como temática principal. As súas últimas obras tratan directamente a crítica á ideoloxía carnista que rexe o mundo contemporáneo e que brota, conceptualmente, do animalismo, unha corrente de pensamento e acción que cre que a relación que mantén o ser humano cos animais na sociedade actual é absolutamente abusiva, cruel e inxusta.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión