A Galería Arte Imagen inaugura o sábado 10 de outubro ás 20.00 horas a exposición "Don't forget me" de Lola España. Presentará o acto Roberto L. Moskowich.
Para público en xeral
Dende o 10/10/2015 ata o 11/11/2015
Xa rematou
De luns a sábado: de 12.00 a 13.30 e de 19.00 a 21.30 horas.
Domingos e festivos: de 12.00 a 14.00 horas.
Con esta mostra abrirase a porta para deixar ver a última obra da artista, que plasma sobre o pincel a súa vitalidade, humor e ledicia.
A que cualifican como buscadora incombustible de emocións, segue experimentando con novas técnicas e materiais para ofrecer unha voz distinta, tal e como asegura a crítica Eugenia Pérez.
Licenciada en Belas Artes na facultade de Pontevedra, Lola España asegura que pinta polo pracer de pintar. Non quere facer crítica social, nin remover conciencias. As súas pinturas xorden do mundo da fantasía.

Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026

Dende o 05/11/2025 ata o 10/01/2026

Dende o 03/12/2025 ata o 28/02/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible