Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Exposición de Pintura e Fotografía e mostra de Coiro

Irene Parga Todoroff; Susana Lebón Rivas; Alumn@s do taller de coiro

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 09/06/2017 ata o 15/06/2017

Xa rematou

Horario:

De luns a venres de 8.00 a 20.45 h. Sábados de 9.00 a 13.45 e de 16.00 a 21.00 h.

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

De balde

Organiza:

AVV Oza-Gaiteira-Os Castros

Susana Lebón Rivas é unha fotógrafa afeccionada que tenta amosa-la vida tal e como a percibe, mixturando a imaxe da fotografía con pequenas reflexións en forma de título ou nanorelato cos que intenta acadar un  momento de reflexión na persoa que visualiza as súas fotografía. Realizou a súa primeira exposición na cafetería A Bata de Guata de Arteixo, repetindo a experiencia noutra ocasión máis. Participou na exposición colectiva organizada pola Escuela Julián Besteiro (Madrid) en dúas ocasións con obras que versaban sobre os traballadores e a reivindicación dos seus dereitos e o efecto que produce a crise neles. Foi premiada no primeiro Certame de Fotografía organizado pola AC Tanxedoira (A Coruña). Da man da AVV Oza Gaiteira Os Castros, expuxo no Forum Metropolitano unha serie de instantáneas tituladas Paseando polo Barrio onde deixaba ver unha mirada diferente sobre esa zona da Coruña. Nesta ocasión, presenta una serie de instantáneas en branco e negro e color cuxo principal protagonista volve ser o barrio xunto con outras estampas da cidade herculina, cidade de adopción emocional desta arteixana que estudou e traballa na Coruña, traballo que a leva a divisar tódo os días unha perspectiva marítima deste enclave coruñés.

Irene Parga Todoroff, artista  co titulo de técnica superior de ilustración obtido na escuela de arte e deseño Pablo Picasso de A Coruña no ano 2010 e graduada en Belas Artes na universidade de Vigo no ano 2015...cursou un ano de séneca na univerdade de Barcelona pinta estas acuarelas e as presenta xunto coa obra de Susana Lebón co fin de  reflexar como a realidade é unha pero as visións infinitas. Pintora e moralista con especialidade en oleo... nesta serie  decantase pola acuarela retratando a cidade a través da auga e o  pincel...  amosando nas súas pinturas a representación dos espazos a través  dunha explosión de cor na cal priman os efectos de luz, así como os recursos de perspectiva...conseguiendo escenarios vivos e amosando as sensacións que transmiten as paisaxes destes barrios. Na obra desta artista as pinceladas falan por si soas e nos sumerxen nun mundo cargado de sensacións.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión