O vindeiro martes 7 de novembro ás 19.30 h, a AC Alexandre Bóveda e a AV de Oza Gaiteira-Os Castros inauguran no Fórum Metropolitano esta exposición sobre a Granxa Agrícola de Monelos.
Para público en xeral
Dende o 07/11/2023 ata o 24/11/2023
Xa rematou
De luns a venres das 08.00 ás 21.00 h
Sábados das 09.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 21.00 h
Entrada libre
AC Alexandre Bóveda e AV de Oza Gaiteira - Os Castros
Rúa Mercé, 56, baixo (15006 A Coruña)
Teléf.: 981 298 122
www.facebook.com/redeoza.org
Entre 1888 e 1964 funcionou na Coruña a Granxa Agrícola Experimental, o primeiro centro dedicado a mellorar as técnicas e produtos agrarios e gandeiros, e durante décadas impulsou a modernización do campo galego e a formación dos labregos e labregas. Actuou como un foco de ciencia básica e aplicada, un centro de dinamización social e sensibilización ambiental e un foco de divulgación científica. Entre os seus logros o máis importante é o de fixar a raza rubia galega, ou a introdución do cultivo do lúpulo no noso país, dando lugar á primeira cervexa galega, ademais de realizar un importante labor na loita contra pragas e na construción dun coñecemento experto que axudou á modernización do campo.

Dende o 18/12/2025 ata o 06/01/2026

Dende o 05/11/2025 ata o 10/01/2026

Dende o 03/12/2025 ata o 28/02/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible