O 25 de marzo ás 20:00 horas inaugurouse no Fórum Metropolitano unha exposición das fotógrafas Gemma Malvido e Helena Riveira.
Para público en xeral
Dende o 26/03/2015 ata o 30/04/2015
Xa rematou
Sala de Exposicións Plataforma14. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
A nova sala de exposicións Plataforma14 , xestionada pola Concellaría de Xuventude do Concello da Coruña, e creada co fin de visibilizar os proxectos de arte emerxente dos mozos da nosa cidade no edificio Fórum Metropolitano, presentou a exposición “Segundas partes e outras mentiras da luz”.
Esta exposición que durou ata o 30 de abril, mostra os últimos traballos das fotógrafas Gemma Malvido e Helena Riveira, que unen as súas instantáneas co fin de contrastar dúas maneiras diferentes de captar a realidade que as rodea.
Helena Riveira inmortaliza coa súa cámara o paso do tempo por lugares que noutro momento foron fonte de riqueza, e Gemma Malvido xoga con imaxes que, día a día, crúzanselle no seu camiño.
Toda a información sobre esta exposición e sobre a cesión da sala Plataforma14 pódese obter na web do Centro Municipal de Información Xuvenil, www.coruna.es/cmix
Máis información:
Centro Municipal de Información Xuvenil
R/ Río Monelos, 1
15.006 A Coruña
Tlf: 981.18.42.94
29/04/2024
Dende o 05/04/2024 ata o 30/04/2024
Dende o 05/04/2024 ata o 30/04/2024
Os días 04/04/2024 ás 21:00 , 05/04/2024 ás 22:30 , 06/04/2024 ás 21:30 , 11/04/2024 ás 21:00 , 12/04/2024 ás 22:30 , 13/04/2024 ás 22:00 , 15/04/2024 ás 21:00 , 18/04/2024 ás 21:00 , 19/04/2024 ás 22:00 , 20/04/2024 ás 22:30 , 25/04/2024 ás 21:00 , 26/04/2024 ás 22:30 , 27/04/2024 ás 22:30 , 30/04/2024 ás 22:00
Os días 03/04/2024 ás 21:30 , 05/04/2024 ás 21:30 , 10/04/2024 ás 21:30 , 12/04/2024 ás 21:30 , 16/04/2024 ás 21:30 , 19/04/2024 ás 21:30 , 24/04/2024 ás 21:30 , 25/04/2024 ás 21:30 , 26/04/2024 ás 21:30 , 27/04/2024 ás 21:30 , 30/04/2024 ás 21:30
01/05/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible