Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Fariña

Nacho Carretero e Xosé A. Touriñán levan ao teatro Fariña, unha adaptación da exitosa obra de Carretero sobre a historia do narcotráfico en Galicia nas últimas décadas do pasado século.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 16/03/2022 ata o 20/03/2022

Xa rematou

Horario:

- venres 18 de febreiro: 20.00 e 23.00 h

- sábado 19 de febreiro: 18.00 e 21.00 h

Duración:

105 minutos

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

18,00 / 20,00 / 22,00 €

Desconto do 20% para carné xove, maiores de 65 anos, persoas desempregadas

Desconto do 25% para familia numerosa

**Imprescindible presentar o documento que acredita o desconto

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

Ainé Producións SL

Fariña non lle permite ao espectador nin acomodarse na butaca. A unha impoñente descarga suceden conversas entre a mocidade e a veciñanza dos pobos falando, comprando, consumindo e manexando con soltura o famoso Winston de batea. O fenómeno xa está en marcha. O elenco de actores e actrices entran e saen da escena meténdose na pel de decenas de personaxes entre situacións familiares: un alcalde corrupto disposto a financiar unha festa, os veciños máis novos probando a mercadoría ás agochadas... O salto ao narcotráfico ocorre no escenario coa mesma soltura coa que tivo lugar na realidade. De súpeto, en escena, escóitase acento colombiano e marroquí. Escóitanse ritmos de percusión e cancións. Escóitanse bromas e bravuconadas. As drogas toman o control: ostentación e subidón enchen o teatro. E, de novo como sucedeu en realidade, aparece a traxedia. En forma de nais, mozos afundidos, por fin, operacións policiais. Todo cabe sobre un escenario que recolle un percorrido fiel por este escuro capítulo da historia de Galicia desde un punto de vista único. Unha viaxe no tempo desde unha óptica próxima, real e familiar, coa sensación final, e a reflexión que as persoas espectadoras fan ao saír do teatro, chegando a adquirir unha eficacia inédita.

Con: Xosé A. Touriñán, Sergio Zearreta, Marta Lado, César Goldi, Oswaldo Digón e Graciela Carlos

Dirección de Tito Asorey

Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Colón: só días de función desde 2 horas antes

venda en liña

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión