A terceira edición deste programa presenta os traballos desenvolvidos por centros escolares da Coruña e Ourense
Para público en xeral
16/06/2023
Xa rematou
11.00 - 13.30 horas
CITIC e ASPACE
A terceira edición do programa Talentos Inclusivos programa o venres 16 de xuño na Domus unha feira científica como peche ao curso 2022-2023. Neste evento preséntanse os proxectos desenvolvidos polos dez centros educativos participantes, da provincia da Coruña e, por primeira vez, de Ourense.
Entre os proxectos elaborados poderán verse exemplos de retos como videoxogos clásicos para utilizar en terapias de rehabilitación, bingos adaptados, mesas sensoriais ou diferentes adecuacións de boquillas para pintar.
Durante o desenvolvemento da feira terá lugar ademais unha xincana por equipos que consistirá en responder unha pregunta sobre cada expositor. Entre os equipos con máis respostas correctas realizarase un sorteo, cuxo gañador recibirá como premio unha impresora 3D.
O proxecto Talentos Inclusivos é un programa que ten o dobre obxectivo de fomentar as vocacións TIC entre o alumnado e dar visibilidade á discapacidade. Ao redor de 200 estudantes de Secundaria participaron nesta terceira edición.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible