O evento, que será de entrada de balde, ofrecerá numerosas actividades, competicións e a exposición duns 40 proxectos tecnolóxicos.
Para público en xeral
07/10/2023
Xa rematou
De 10.00 a 19.00 horas.
Evento de entrada gratuíta
A asociación de makers Bricolabs organiza un ano máis a Feira OSHWDem (Open source Hardware Demonstration) de tecnoloxía aberta que terá lugar na Domus, o museo científico que acolle as actividades deste grupo na súa sala maker@domus.
A feira incluirá ao longo de toda a xornada multitude de actividades, como competicións nas que se poderá ver robots pelexando de forma autónoma, resolvendo complexos labirintos á velocidade da luz e competindo entre eles en carreiras incribles.
Ademais haberá unha exposición con máis de 40 proxectos e actividades con contidos variados, de maneira que todo o público que se achegue á Domus este sábado 7 de outubro poida atopar algo do seu interese.

Dende o 18/12/2025 ata o 20/12/2025

Dende o 18/12/2025 ata o 20/12/2025

20/12/2025

20/12/2025
Entradas á venda o 17 de xullo de 2025 desde as 12.00 h

Dende o 19/12/2025 ata o 20/12/2025

20/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible