Outro ano máis vai estar no Ágora unha pequena mostra do traballo cultural que, ao longo do ano, vimos facendo na Asociación Veciñal Agra. Traballo aberto ao que a veciñanza se pode incorporar cando queira.
Para público en xeral
29/05/2026
20:00 h
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
de balde. Non se precisa reserva previa nin retirar billete de entrada.
Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"
Seguindo o modelo de espectáculo que experimentamos o ano pasado, únicamente colectivos relacionados coa Asociación van ter presenza no Festival. Falamos do grupo musical Parabéns, que van partillar con nós o seu xeito de entender a nosa música. Con eles teremos gaiteiros, pandeireteiras, cantadoras e cantadores, recitadoras... unha morea de amigas e amigos que entenden que espallar a nosa cultura e facela medrar é unha obriga que temos como habitantes orgullosos desta terra.
Este festival, como todas as actividades do programa "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

28/05/2026

29/05/2026

Os días 23/04/2026, 30/04/2026, 02/05/2026, 07/05/2026, 08/05/2026, 09/05/2026, 15/05/2026, 23/05/2026, 24/05/2026, 30/05/2026, 06/05/2026

Os días 02/06/2026, 03/06/2026

03/06/2026

04/06/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible