Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Festa do Libro 2023

Baixo o lema "Un libro ao teu lado: festa do libro 2023", as bibliotecas municipais organizan un completo calendario para celebrar o Día do Libro, a semana previa ao 23 de abril

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 17/04/2023 ata o 22/04/2023

Xa rematou

Organiza:

Concello da Coruña

A veciñanza poderá participar en rutas, talleres, conversas con persoas que teñen moito que dicir dos libros, como Lúa Mosquetera, Andrea Barreira, Santy Gutiérrez, Yago García ou Manuel Rivas, xunto con colectivos culturais como Mirlotil; que se suma á programación habitual de contacontos, clubs de lectura ou divulgación científica, encontros para familias etcétera. O calendario completarase con mostras de temática variada en cada biblioteca que teñen como denominador común achegarlle á cidadanía curiosidades literarias e a diversidade do libro.

O luns 17 de abril comezará a programación especial de actividades para festexar o Día do Libro e prolongarase ata o sábado 22 de abril.

Paralelamente a estas actividades, en todas as bibliotecas haberá unha mostra bibliográfica.

- Biblioteca Durán Loriga - Libros para aprender

- Biblioteca Sagrada Familia - Libros paa ver e gozar da pintura

- Biblioteca Castrillón - Libros que falan de libros

- Biblioteca Fórum - Libros fermosos

- Biblioteca Estudos Locais - A Coruña, escenario literario

- Biblioteca Rosales - Emoción, intriga e dor de barriga

- Biblioteca Monte Alto - Libros con vida

Programación completa Día del Libro 2023

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión